Author Archive

BASTA XA DE IMPUNIDADE. NON A ESTAFA

Engadimos Nota de Prensa do COMITE CIDADAN DE EMERXENCIA (CCE), titulada: “Basta xa de impunidade. Non a estafa”

NOTA DE PRENSA

No seu momento se nos presentou a planta de gas de Reganosa como una instalación ”estratéxica” para Galicia que crearía moreas de empregos, relanzaría a comarca etc. A demanda enerxética que cubriría a planta, ven recollida no convenio confidencial asinado en xullo de 2000 entre os socios de Reganosa e a Xunta de Galicia (Fraga Iribarne), nel se establece o compromiso seguinte: Endesa e Fenosa construirían 4 ciclos combinados, que consumirían 2.000 millóns de m³/ano, o grupo industrial de Tojeiro 500 millons de m³/ano, en total o 90% da capacidade inicialmente outorgada a Reganosa.
Catro anos despois, desde a posta en fucionamento da planta de gas, o paro segue medrando, a poboación diminúe, incluído o Concello de Mugardos. A produción media de Reganosa non chega ao 40 % da súa capacidade, a utilización dos ciclos combinados (3) non pasa do 30 %, o grupo Tojeiro non consume nada. E ademais, para colocar a escasa produción da planta, pecharon a entrada de gas por gasoducto que viña subministrando a Galicia antes da posta en marcha de Reganosa.
A planta de gas é unha instalación ilegal, perigosa, que destrúe o ecosisterma da ria, pois o seu funcionamento leva parello a esterilización diaria de centos de miles de toneladas de auga do mar que logo voltan á Ría cun enfriamento térmico de -6 ºC, e sen o plancto do que se alimentan peixes e bivalvos. A ampliación da capacidade de regasificación da planta, tal como pretenden os promotores, incrementaría innecesariamente os impactos na Ria.
Os promotores de Reganosa, co apoio da Xunta de Galicia, perseguen a ampliación da capacidade da planta de gas que, duplicaría a actual, a sabiendas de que as necesidades do consumo actual, nin as previstas no futuro, avalan dita ampliación. É máis, as perspectivas son de baixada do consumo. Si a produción actual de Reganosa non chega ao 40% da capacidade outorgada, ¿Cal é a razón para solicitar esta ampliación?.
A razón non é outra que, conseguir un incremento das retribucións, é dicir, dos beneficios, xa que o sistema gasístico retribúe en función da capacidade de produción, non do que verdadeiramente produza a planta .
Os cidadans e as cidadás, somos os destinatarios finais do pago desta factura.
Para acadar este obxectivo a maquinaria propagandística de Reganosa ponse de novo en marcha. Tenta presentar como un ” agravio” a Galicia, a negativa inicial do Goberno Central de aceptar na planificación enerxética a ampliación. Os promotores ocultan que Reganosa non ten viabilidade técnica nin económica, que os datos de consumo comprometidos no seu momento polos socios eran falsos, e foron utilizados para enganar e obter a autorización por parte da Comisión Nacional da Enerxía.
A planta de gas de Reganosa é innecesaria e mantén pechada a entrada de gas a Galicia a través dos gasodutos desde que entrou en funcionamento a planta. Estes gasodutos posúen a capacidade suficiente para suministrar gas aos ciclos combinados, aínda que traballaran ao 100%, e aportaria o gas suficiente para o consumo domestico e industrial.
En realidade o que pretenden os promotores de Reganosa co apoio da Xunta de Galicia, é aumentar os seus beneficios, a costa de espoliar á cidadanía, para elo teñen que seguir inflando a burbulla enerxética.
Basta xa! das complicidades institucionais e mediáticas. É inaceptábel que se persiga a un colectivo como o dos mariscadores por defender o seu medio de vida, o seu posto de traballo. Na primeira quincena de novembro, nove deles van ser xulgados, acusados de impedir a entrada dos primeiros gaseiros cargados con GNL na Ría. Unha acción promovida polo Comité Cidadá de Emerxencia, e na que participaron centos de persoas. Sendo esta a realidade, a autoinculpación dos membros do CCE foi desestimada ¿Pretendese escarmentar aos mariscadores, para que acepten sen rechistar a destrución da Ria, a perda do seu posto de traballo?. Namentres, os responsables de colocar unha planta de gas no corazón da Ria que, ameaza á poboación de Ferrolterra, os que aceleran a súa destrución, e son exemplo de estafa continuada á cidadanía, seguen actuando con total impunidade.
11 de Novembro de 2011

12

11 2011

“Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios”

Engadimos Nota de Prensa do COMITE CIDADAN DE EMERXENCIA (CCE), titulada: “Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios”, en resposta ao publicado o pasado día 13 de Xullo en “La Voz de Galicia”


NOTA DE PRENSA

Diante das novas, sobre Reganosa, aparecidas o pasado día 13 de xullo no xornal La Voz de Galicia. O Comité Cidadán de Emerxéncia fai as seguintes consideracións:

Dende a súa constitución REGANOSA, pola connivencia dos seus socios, faltou á verdade ao respeito da necesidade da planta en Galicia, falseando os datos para acreditar a súa viabilidade económico -financeira.

Co único fin de cumprir (só formalmente), co 4º requisito necesario para obter a autorización de construción e o preceptivo Vº Bº da CNE, os socios de Reganosa comprometéronse a construir catro centrais de ciclo combinado; Fenosa dous ciclos de 400 MW cada un e Endesa outros dous nas Pontes, con un consumo anual de 1.600 millóns de m³/ano de gas natural, aos que habría que agregar un consumo adicional das empresas de nova creacion do grupo Tojeiro de 500 millóns de m³/ano.

A realidade é que o grupo Tojeiro non consume gas, porque as empresas non se fixeron, e os ciclos combinados (700 millóns de euros de inversion) cando non estan parados traballan ao ralentí.

Despois de case 4 anos de funcionamento, os datos de produción facilitados polo xestor técnico do sistema, ano 2010, falan dun funcionamento tan só do 43%. A planta de Reganosa só aporta o 6% do total do estado. Agora, no mes de xuño deste ano, sofreu unha nova baixada do 28% ao respecto do mismo mes do ano anterior, sendo o ratio de utilizacion do mes pasado só dun 29% da súa capacidade nominal.

Reganosa foi obxeto de intervencións extraordinarias por parte do xestor do sistema para asegurar os niveis de GNL, mínimo técnico de seguridade nos tanques. A última advertencia foi o pasado 6 de Xullo, vendose obrigada a unha reprogramación, é dicir, foi obrigada a reducir a produción ata que o sistema gasista lograse descargar un gaseiro para subir o nivel nos seus tanques. Hai que engadir a isto que o 25% dos gaseiros tiveron que abortar a súa entrada na data prevista, dadas as condicións metereolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol.

Agora, preséntannos como unha ventaxa a venda de GNL ao mercado especulador, cargando de novo gaseiros cun gas que orixinalmente era para consumo da nosa comunidade, convertindo a regasificadora como simple depósito para trapichear no mercado do gas.

As plantas do resto do estado teñen produción de gas regasificado suficinte, non necesitan participar no trapicheo da venda de gas como Reganosa, que almacena gas á espera de que soba o prezo, todo a expensas de incrementar os perigos para a cidadanía.

A cidadanía merece información veraz sobre o que está acontecendo en Reganosa e tomar consciencia da irracionalidade das operacións deste trapicheo.

Por exemplo, o pasado mes de febreiro, o buque gaseiro SCF Polar, carga en Mugardos 68.000 m³ de GNL para transportalos a Italia (La Spezia). Un gas que poucos dias antes descargara o Cheikh el Mokrani procedente de Arxelia.¿Por qué o gas alxerino fai a ruta Orán- Ferrol- Xénova que supón 4540 millas náuticas, cando a distancia de Orán a Xénova só é de 715 millas?.

Outro caso para a reflexión e a denúncia, a operación realizada polo gaseiro Norman Lady. Este gaseiro, que permaneceu atracado dende o 13 ao 16 de Maio, un dia descargou gas en Reganosa, e, sen abandonar as instalacións, carga outra vez nos seus depósitos ese mesmo gas. ¿É este o futuro de Reganosa? ¿Poñer en perigo a nosa seguridade para trapichear co gas?.

Temos razóns para a desconfianza. Lembremos que nas instalacións anexas de Forestal, propiedade exclusiva do grupo Tojeiro, xa a finais dos anos 90, descubriuse un xigantesco fraude co gasóleo. Fraude que, por certo, aínda debe estar sendo investigado polo xulgado.

Sobre o negocio da carga de gas en cisternas, aparte de aumentar os riscos para a cidadanía (lémbrese o accidente dos Alfaques ano 1978), o seu carácter residual non modifica para nada a escasa produción de Reganosa e o seu carácter deficitario.

Mailo empeño dos cómplices mediáticos, en distraer aos cidadáns, a realidade actual amosa a gran patraña dos promotores de Reganosa como instalación ”estratéxica” para Galicia. Unha instalación que, aseguraban, iba a supor o relanzamento da comarca, creando moreas de postos de traballo, etc etc.

Reganosa supón unha ameaza para a vida das persoas que vivimos na contorna, e tamén para o noso medio natural, pois destrúe a riqueza da Ría. O que agora pretenden apresentar como unha ventaxa, é a constatación de que Reganosa como proxecto económico, é un fracaso que se inscribe no marco da burbulla enerxética, apoiada institucional e mediaticamente para beneficio dos seus promotores. Unha estafa a toda a cidadanía, que está a pagala a través das axudas a Reganosa por parte da Xunta de Galicia e da suba das tarifas eléctricas e do gas.

Os gasoductos de Tui e Llanera, sin actividade de entrada desde a posta en servicio de Reganosa, teñen capacidade suficiente para suministrar gas; tanto para as centrais de ciclo combinado como para o consumo convencional.

Estamos a pagar 60 millóns de euros cada ano a REGANOSA, unha instalación ILEGAL, PERIGOSA, DEFICITARIA E INNECESARIA.. Non existe pois motivo algún que poida xustificar manter operativa unha perigosa planta de gas como a de Reganosa, que supón ademais dunha ameaza para a poboación, e un alto coste medioambiental, económico e social.

¡ Planta de gas Fora da Ría!

Ferrol a 15 de Xullo de 2011

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

17

07 2011

SOLIDARIDAD desde FALL RIVER con F-CAPE

Hemos felicitado a The Coalition for the Responsible Siting of LNG de Fall River (EE.UU) por la cancelación de la planta de GNL que una empresa gasista de ese país pretendía ubicar en las proximidades de aquella ciudad.

Joe Carvalho

El presidente de esta coalición nos han agradecido nuestro comunicado y nos apoyan en nuestra lucha en contra de la planta de gas licuado (GNL) de la ría de Ferrol y maniefiesta su disposición a ayudarnos en nuestras futuras acciones.

El correo de Joe Carvalho dice:

Dear Friend,

Thank you so very much for acknowledgement. We are overjoyed, as you can well imagine. Please know that we are in solidarity with your community in your struggle. Please let us know if there is anyway we can assist your group.

Muchas Gracias!

Joe Carvalho, President


Traducción:

“Muchas gracias por tu mensaje. Estamos entusiasmados, como bien puedes imaginar. Ten por seguro que nos solidarizamos con tu comunidad en vuestra lucha. Por favor, si hay alguna manera en que podamos apoyar a vuestro grupo, házmelo saber.”

The Coalition for the Responsible Siting of LNG Http://www.nolng.org

18

06 2011