A PLANTA DE GAS DA RIA DE FERROL BAIXO MINIMOS

A planta de gas da ría de Ferrol baixo mínimos: as condicións meteorolóxicas adversar fixerón activar a alarma no sistema gasístico da peninsula.

A actividade da planta de gas está baixo mínimos, o Comité Cidadán de Emerxencia ven informando desta situación nos últimos meses, somado a algo tamén reiteradamente denunciado polo mesmo Comité, sobre a persistencia de condicións atmosféricas adversas perante moitos días no ano que obrigan a retrasar a descarga dos buques gaseiros e que estes permanezan proximos á costa ou como nalgún caso ten acontecido de virar mesmo case na bocana da Ría.

Son unha ducia os buques gaseiros, cargados con GNL, os que, até agora, tiveron que abortar a súa entrada na Ría por mor de causas meteorolóxicas. O 20% do total, de 60 buques 12 non puideron entrar na Ría polo mal tempo reinante, estas condicións non permitiron, aos prácticos portuarios, entrar cos buques polo angosto canle de entrada á Ría de Ferrol.

O sistema gasístico pon-se en perigo, unha vez máis, por causa do mal funcionamento da Planta de Mugardos, ao estar esta a mínimos, sen clientes a quen vender o gas, non é a primeira vez que esta planta de gas chega aos límites do chamado “gas de manobra”, xa no pasado mes de Setembro a xestora gasística obrigou a empresa contratar un buque que ía con rumbo a Barcelona, pois detectaron a situación crítica da planta regasificadora de Mugardos. Mesmo o CNE no seu informe [Informe 34/2009 da CNE] que xa temos publicado en Ártabra 21, dicia:

” A información que acompaña á proposta de Orde xustifica que a modificación das peaxes de descarga de buques débese ao desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización”.

Este Xoves, 17 de Febreiro de 2010, a xestora do sistema gasístico estatal -ENAGAS- emitia unha nota informativa sobre a alerta que causou a situación de mínimos da regasificadora de Mugardos e acima complicada polas condicións atmosféricas adversa.

Esta é a nota que publicou ENAGAS: Nota de Operación Nº03 – 17.02.2010 (Cont. 2 e Final)

Ante a eventualidade de que persistisen as condicións atmosféricas adversas durante o día de onte martes e fóra preciso chegar a ter que parar a produción da Planta para manter as existencias mínimas de seguridade, preparáronse para a súa posible activación as medidas previstas para este caso no Acordo de Asistencia Mutua ENAGÁS-REN, consistentes na achega a través da conexión de Valença-Tui de cantidades de gas suplementarias. Desde o propio luns, o sistema gasista configurouse para conseguir a máxima achega de gas á Zona IV (Galicia- Asturias) desde a Vía da Prata e os gasodutos Burgos-Santander.

O buque finalmente puido realizar a súa manobra de entrada e atracada, e proceder ao comezo da súa descarga na tarde noite de onte martes. As medidas de Asistencia Mutua desactiváronse sen chegar a implementarse. Debemos destacar a actitude positiva e de total colaboración de REN.

Mantense a atención a toda a demanda programada.

Acceder ou Baixar a Nota orixinal de ENAGAS en formato -pdf- :
http://www.enagas.es/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1146250558682&ssbinary=true

Información baseada na publicada n Artabra21:
http://artabra21.blogspot.com/2010/02/reganosa-baixo-minimos-e-as-condicions.html

20

02 2010

OUTRO GASEIRO TIVO QUE ABORTAR A ENTRADA NA RIA DE FERROL

De novo un buque cargado con GNL para Reganosa tivo que abortar o seu intento de entrada na Ría por mor do forte vento

E xa van 12, xa son unha ducia os buques gaseiros, cargados con GNL, os que tiveron que abortar a súa entrada na Ría por mor de causas meteorolóxicas. Estes representan o 20% do total, de 60 buques 12 non puideron entrar na Ría polo mal tempo reinante, fortes ventos fixeron desistir aos prácticos portuarios no seu intento de entrar polo angosto canle de entrada á Ría de Ferrol.

O Catalunya Spirit tiña prevista a súa chegada a Reganosa este Luns 15 de Febreiro de 2010, mais como xa dixemos non puido entrar, o forte vento desta tarde foi o “culpábel”. Mais mañá coincidindo coa pleamar diúrna, único momento no que o buque pode atravesar a canle da Ría e atracar no peirao da regasificadora de Mugardos en Punta Promontorio, vai-no intentar de novo, até conseguir deixar a súa perigosa carga.

Reganosa, ao traer este buque, voltará de novo, coa complicidade da Xunta, dos concellos de Mugardos e Ferrol, do Goberno de Madrid, a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta de gas, instalada no corazón da nosa Ría, ameazando a seguridade e vida das miles de persoas que moramos na súa contorna.

A pesar de que o buque non entrou, o Comité Cidadán realizou a súa acción de protesta, unha acción que pretende avisar á poboación do perigo da presencia dun buque cargado con GNL dentro da Ría, así como para denunciar mais unha vez a instalación da planta de gas dentro da Ría, todo un despropósito: perigoso, irracional e corrupto.

Noticia publicada en: http://artabra21.blogspot.com/2010/02/de-novo-un-buque-cargado-con-gnl-para.html

Polo seu interese achegamos tamen un artigo de Lorena Bustabad, publicado hoxe no xornal El País na súa edición para Galiza.

Reganosa intenta enviar gas a Portugal por Tui

Por Lorena Bustabad – 15.02.2010

A posibilidade de espremer a regasificadora galega, que traballa a medio gas, para fornecer enerxía a Portugal, vai tomando corpo. Gas Natural, que logo de comprar Unión Fenosa controla o 21% do accionariado da planta, despunta como operador independente no mercado luso. Cunha produción de 2,2 millóns de megavatios hora en 2009, pechou un acordo con Reganosa o mes pasado para rendibilizar a proximidade da planta -a 200 quilómetros da fronteira portuguesa- para penetrarse no mercado luso polo Norte. A única regasificadora portuguesa está en Sines, ao sur de Lisboa e esta distancia deixa de ser un competidor para a terminal galega.

Gas Natural xa se asegurou o transporte e a distribución nese país mediante acordos co xestor REN e os operadores Galp e EDP. Esta opción de negocio tamén abre novas vías para Reganosa, que pechou 2009 cun descenso na produción do 26%, mentres a demanda nacional recortábase un 8%. A terminal de Mugardos rexistrou a caída máis acusada das seis plantas da rede estatal.

Proxecto de Feijóo

A posibilidade de explotar unha gran vía gasista de Galicia ao norte de Portugal tamén forma parte do proxecto que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo expuxo ao primeiro ministro luso na reunión que ambos os mandatarios mantiveron a semana pasada en Lisboa. Feijóo reclamou un novo gasoduto de alta presión que José Sócrates se comprometeu a estudar.

A exportación de gas desde Reganosa a Portugal permitirá reabrir o gasoduto de Tui, pechado desde 2008. Por este conduto de dobre sentido, capaz de transportar 23 gigavatios por hora cada día, subía o gas africano a Galicia ata que comezou a funcionar a terminal de Mugardos, en maio de 2007.

O último informe anual de Enagás coloca a terminal de Mugardos ao 35% da súa capacidade. Foi a última en construírse. Tamén a máis pequena e polémica. Abastécese, fundamentalmente, de gas de Nixeria, Alxeria ou Trinidad e Tobago. Os seus opositores, agrupados no Comité Cidadán de Emerxencia, cren que “a planta é innecesaria” e pouco máis que “un proxecto especulativo”. protestaron contra a chegada de todos e cada un dos 58 buques metaneros que atracaron nos peiraos de Reganosa.

Fonte:http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Reganosa/intenta/enviar/gas/Portugal/Tui/elpepiautgal/20100215elpgal_9/Tes

16

02 2010

POR UNHA INFORMACIÓN VERAZ

NOTA DE PRENSA DO COMITÉ CIDADAN DE EMERXENCIA PARA A RIA DE FERROL – Ferrol, xaneiro 2010

Este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia – unha vez máis – a falta de información veraz, en todo o relacionado cun complexo petroquímico tan perigoso como é Reganosa [perigo que incrementa a súa situación á beira de Forestal do Atlántico], onde se investiu tanto diñeiro público e que nos segue custando aínda moitos millóns de euros anuais.

Onde se empobrece a Ría, onde se pon en perigo permanente a nosa vida e seguridade, a cidadania temos dereito a que se nos informe, non á desinformación coa manipulación e constante ocultación do que non interesa que se saiba.

Esta análise, que agora facemos público, vén confirmar o que levamos dicindo, desde fai moito tempo, de que a planta regasificadora non é necesaria e que principalmente supón un proxecto económico especulativo, perigoso para os veciños, costoso para os cidadans e ilegal”.

COMUNICADO DE PRENSA DO CCE.

En relación coa noticia emitida por Europa Press o 30 de decembro pasado, recollida en varios medios de comunicación, afirmando que a regasificadora de Gas Natural Licuado (GNL) de Mugardos operaba case ao máximo da súa capacidade nominal, o Comité Cidadan de Emerxencia (CCE) vese na obrigación de desmentila por inexacta e denunciar de novo a intención de Reganosa de manipular os datos para confundir aos lectores e cidadáns da ría de Ferrol. Lonxe de lograr a produción nominal obxectivo da planta e tal como xa informamos anteriormente, a regasificadora de Mugardos está sendo cuestionada tanto polo regulador de enerxía CNE como polo xestor do sistema gasista español debido á súa baixa ocupación.

A información máis abaixo descrita é pública polo que o lector pode facilmente contrastala nos enlaces que se indican. Vexamos:

1. Os “picos” de regasificación de GNL son normais nesta época do ano. No entanto, estráñanos a intensidade de produción que citaban os medios na regasificadora de Mugardos, xa que, segundo o xestor do sistema, nesas datas (do día 14 ao 21) non estaba prevista unha eventualidade por “onda de frío” e na seguinte, de data 22 de decembro (nota de operación nº 24) a planta de Mugardos non estaba incluída na lista de regasificadoras de apoio para esta situación excepcional. (1)

2. Ademais esa “elevada actividade continuada” da planta durante eses días, de 71,7 GW.h/día de produción, supón un 56% da capacidade nominal da planta se temos en conta que esta capacidade é de 127 GW.h/día e non dos 115 GW.h/día citados pola axencia. (2)

3. A regasificación de gas na planta de Mugardos diminuíu no ano 2.009 un 26,6% respecto ao ano anterior, cando no mesmo período a demanda de gas natural en España reduciuse soamente un 10,5%, o que significa unha perda clara de mercado. Por esta razón, a CNE “considera que se deberían analizar as causas desta baixa utilización, para saber en que medida éstas son consecuencia da evolución da demanda rexistrada nos últimos meses, e xa que logo respondería a unha situación temporal, ou resulta máis ben dun problema estrutural de demanda en devandita planta”. (3)

4. A baixa utilización da planta de Mugardos dá como resultado unha achega de GNL na Planta regasificadora insuficiente para atender a produción diaria mínima que garanta o necesario fluxo de GNL no relicuador que evite a emisión de metano á atmosfera. Para solucionar este desequilibrio foi necesaria a descarga na Planta de cantidades adicionais de GNL, mediante o desvío dun buque metanero de 125.000 m3 de GNL a Mugardos contratado inicialmente por outra regasificadora. (4)

5. O número de gaseiros que descargaron GNL na planta de Mugardos, durante o ano 2.009, foi de 21, un 60% menos dos gaseiros programados. Por esta razón a CNE propón no seu informe 34/2009 do 17 de decembro de 2.009, “….a peaxe de descarga de buques aumenta na proposta de Orde entre un 10% e un 12% en todas as plantas do sistema, excepto a planta de Mugardos, que pasa a ter un prezo igual a cero, con obxecto de corrixir o escaso grao de utilización dadevandita planta”. (3)

6. Tal como dixemos en comunicados anteriores durante os meses de setembro, outubro e novembro do pasado ano, o ratio de utilización da planta de Mugardos foi dun 30% da súa capacidade nominal (non se coñece o dato de decembro). (5)

7. Denunciamos tamén o feito de que o xestor gasista, Enagás, mantén pechada a conexión internacional situada en Tuy desde a inauguración da regasificadora de Mugardos, abril de 2.007, o que impediu a Galicia recibir gas por gasoduto directamente desde Alxeria, vía Portugal, ofrecendo unha clara situación de privilexio á planta de Mugardos e ademais co consecuente incremento de custo para os consumidores. (5)

Os compromisos dos promotores da Planta de gas de Mugardos, en canto á capacidade de regasificación, están moi lonxe de cumprirse tal como expuxemos máis arriba neste comunicado. O futuro desta planta augura unha situación aínda máis difícil debido ás seguintes circunstancias:

a. Durante o ano 2.009 as exportacións a Francia por Larrau multiplícanse por 4,4 e en Irún por 7,1 con respecto ao 2.008. Cara a Portugal foi de 11,9 veces a través de Badaxoz. Con todo, na nova proposta da Orde Ministerial que substitúe á actual ITC/1724/2009 elimínase a posibilidade de realizar exportacións con punto de entrada de GNL por Mugardos cara a gasodutos con saída por Portugal, Larrau ou Irún. Ver páxina 9 da referencia. (3)

b. Dos cincuenta e oito caseros que recibíu a regasificadora de Mugardos desde a súa inauguración unha ducia tivo que demorar a súa entrada á Planta, nalgún caso ata dous días, debido ás condicións meteorolóxicas existentes polo que a súa navegación, nestas condicións, podería supor riscos para o buque, a carga e veciñanza da zona.

c. O transporte do GNL mediante gaseiros está cara a buques de mellor tecnoloxía e de maior capacidade de carga como os tipo Q-flex e os Q-max (ata 267.000 m3), o que implica unha redución considerable dos riscos de accidentes e de custos de transporte do GNL. Tal como informamos anteriormente a regasificadora de Mugardos non pode recibilos xa que o seu calado impide a súa navegación pola canle de acceso á ría de Ferrol.

d. A baixa produción da regasificadora de Mugardos débese aos incumprimentos das condicións da APROBACION da súa construción, principalmente pola case nula operación das plantas de Ciclo Combinado, á inexistencia dos complexos químicos anunciados polo grupo Tojeiro e a que Galicia non sofre fortes condicións climatolóxicas (frío no inverno e calor no verán). Ademais, e segundo a noticia recollida en La Voz de Galicia, de data 26 de novembro pasado, Gas Natural, a empresa catalá que acaba de completar a adquisición de Unión Fenosa, apostará no futuro por achegar a produción eléctrica aos centros de consumo, en detrimento de os grandes territorios xeradores de enerxía, entre os cales no sistema peninsular destaca Galicia, polo que a actividade das Centrais de Ciclos Combinados situadas na nosa comunidade pode verse reducida aínda máis. (6)

e. Para o colmo, outra contrariedade vaille a xurdir á regasificadora de Mugardos, xa que o novo gasoduto Medgaz tendido entre Orán (Alxeria) e Almería está a piques de comezar a fornecer gas natural cunha capacidade de 8.000 Mill. m3/ano. Segundo nota de prensa da CNE do 22 de decembro “…en canto á diversificación, o gas procederá de, polo menos, oito orixes distintas, sendo Alxeria o principal país aprovisionador. Este país, coa entrada en funcionamento de Medgaz, chegará a aprovisionar en torno ao 40% do mercado español”. (7)

– Enlaces de onde se extraeu a información:

(1) http://www.enagas.es/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1146250303539&ssbinary=true
(2) http://www.europapress.es/galicia/noticia-reganosa-senala-actividad-acerca-limite-maximo-atender-demanda-causada-frio-20091230193718.html
(3) http://www.cne.es/cne/doc/publicaciones/cne155_09.pdf
(4) http://www.enagas.es/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1146250194815&ssbinary=true
(5) http://www.enagas.es/cs/Satellite?cid=1146233000618&language=es&pagename=ENAGAS%2FPage%2FENAG_listadoComboDoble
(6) http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/11/26/0003_8132279.htm
(7) http://www.cne.es/cne/doc/prensa/np_22122009.pdf

07

01 2010